domingo, mayo 19, 2024
InicioComarcasO CondadoZona Franca firma con Beta Implants a adquisición dunha segunda parcela na...

Zona Franca firma con Beta Implants a adquisición dunha segunda parcela na Plisan

A empresa xa conta cun terreno de 2.570 metros cadrados, ao que ahora engade outro de 2.630 metros cadrados.

Zona Franca vén de firmar coa compañía Arbinova, matriz da firma beta Implants, o otorgamento dun dereito de superficie sobre unha segunda parcela na Plataforma Loxística de Salvaterra e As Neves, a PLISAN.

Arbinova xa adquiriu, en marzo do 2021, unha parcela de 2.570 metros cadrados e, diante do crecemento do proxecto suma agora outra, de 2.630 metros cadrados, colindante coa primeira. Á firma, na notaría da Cañiza, asistiron Bibiana Rodiño Janeiro, fundadora e directora xeral do Grupo Tecnolóxico Arbinova e, pola parte da Plisan, o delegado de Zona Franca, David Regades; o presidene da Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuíña e o director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García Porto.

Neste sentido, Regades explicou que «BETA Implants foi un caso de éxito, dunha empresa que naceu con nós na aceleradora e mirala crecer é unha satisfacción» e destacou que «o traballo que realizamos dende Zona Franca para desatascar a Plisan da os froitos e empresas como BETA Implants xa proxectan as súas novas instalacións, mentres Albo avanza na construcción das súas e outras empresas anunciaranse pronto».

Unha miniurbe

BETA Implants dedícase ás prótesis veterinarias e está en fase de certificarse, tamén, como fabricante para humanos. A nova sede será un recinto «como unha miniurbe», segundo Zona Franca, e a factoría «contará con espazos para conferencias e formación, unha área social con sala de lactancia e ximnasio con rocódromo; área de I+D e a zona produtiva marcada polas novas tecnoloxías».

Amáis, terá un xardín central e «moitas zonas verdes». Contará con parking de biciletas, enchufes para coches eléctricos e paneis solares «porque se trata dunha planta eficiente e sostible».

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES