viernes, abril 26, 2024
InicioNewsO PaísA planadora de Muxía tiña capacidade para 3.000 kg de cocaína

A planadora de Muxía tiña capacidade para 3.000 kg de cocaína

Traslado da potente lancha de 13 metros de eslora que apareceu varada na praia de Nemiña, no concello coruñés de Muxía. 

Trátase dunha embarcación semellante ás que hai cousa dun mes foron localizadas noutro areal de Ribeira.

Os investigadores da Garda Civil inspeccionarana detidamente unha vez en terra.

Os axentes fixeron unha primeira análise do interior en busca de pistas sobre a súa orixe.

Atoparon aparellos de navegación e gasolina.

Calcúlase que a lancha, dotada de catro motores de gran potencia, podería transportar uns 3.000 quilos de droga.

O guindastre mobilizado o xoves non tiña a capacidade de manipular a planadora debido ao seu peso.

Agora, tras darlle a volta e sacala do areal coa axuda dunha pa, agarda por un guindastre de maior capacidade para levalo a unha nave para a súa inspección

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES