viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasLouriñaLar, único colexio de Galicia premiado no XXXI Concurso de Patrimonio Nacional...

Lar, único colexio de Galicia premiado no XXXI Concurso de Patrimonio Nacional de Pintura

Recibiu a mención de honra da man da infanta Elena no Palacio Real de El Pardo, en Madrid.

A infanta Elena de Borbón fixo entrega ao Colegio Lar dunha mención de honra pola súa participación no Concurso de Pintura Infantil y Juvenil convocado por Patrimonio Nacional. Foi nun acto celebrado no Palacio Real de El Pardo, en Madrid, o pasado mércores, ao que acudiron o director do centro, Rodrigo Salgado Pombo; a profesora de Pintura, Ana Martínez Paradela e a alumna Manuela Barros Urceira. Esta última acudía en representación do seu compañeiro e gañador do accésit do certame, Gabriel Domínguez Quintillán, que por motivos persoais non puido asistir.2
Este é o segundo ano que o Colegio Lar participa neste certame a nivel nacional e fíxoo con oito obras das cales cinco foron preseleccionadas para a final. Antía Fernández, Lucía Rodríguez, Aroa Otero, Asier Groba, Edgar Redondo e Leonor Nieto, estudantes de Secundaria, participaron na categoría xuvenil e Gabriel Domínguez e Manuela Barros, de 6º de Primaria, na categoría infantil.
Gabriel conseguira xa na edición anterior un posto entre os 30 finalistas e nesta ocasión deu un paso máis logrando un dos tres accésits na categoría de Primaria coa súa obra do Monasterio de San Jerónimo de Yuste, en Cáceres. Trátase dunha lámina de debuxo feito con acrílicos, rotuladores permanentes e lapis de cores.
O xurado do XXXI Concurso Patrimonio Nacional de Pintura Infantil y Juvenil tivo que elixir entre os 801 debuxos procedentes de 192 centros educativos de 39 provincias de España. Precisamente, o alumnado do Colegio Lar foi o único de toda Galicia presente no certame e tamén na cerimonia de entrega de premios. “Chegar ata aquí, que elixan as nosas obras entre 800, é un recoñecemento moi importante ao noso traballo diario”, sinalan dende o colexio.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES