jueves, mayo 9, 2024
InicioComarcasBaixo MiñoMorre aos 38 anos ao caer dunha carretilla elevadora en Tui

Morre aos 38 anos ao caer dunha carretilla elevadora en Tui

Un traballador de 38 anos morreu este luns en Tui despois de caer dunha carretilla elevadora.

O suceso ocorreu no barrio de Ribe, sobre as 11.30 horas, nunha nave de materiais de construción e accesorios.

O home, con iniciais M.E.M, atopábase nunha carretilla elevadora cando se precipitou encima dun palé, segundo comunicou o 112 Galicia.

O 061 enviou até o lugar unha ambulancia medicalizada de soporte vital básico cun equipo de Atención Primaria. Xa no punto, realizaron manobras de reanimación á vítima, pero non puideron facer nada por salvarlle a vida.

Ademais, tamén acudiron ao lugar do suceso axentes da Garda Civil e da Policía Local co fin de recoller todos os datos relacionados con este sinistro.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES