viernes, mayo 17, 2024
InicioNewsActualidadeGalicia e Arxentina estreitan lazos

Galicia e Arxentina estreitan lazos

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou no inicio da súa viaxe por Arxentina, o desexo de reforzar as relacións institucionais, culturais e económicas entre Galicia e este país.

Rueda comezou a visita cun encontro con representantes da colectividade para trasladar as medidas que ten en marcha a Xunta para facilitar o retorno dos galegos do exterior. O presidente destacou que Galicia é, na actualidade, “unha terra de oportunidades” e animou a colectividade a contribuír na construción “da Galicia do futuro”

Nesta primeira viaxe ao estranxeiro da lexislatura, acompañado polo conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitará tamén as instalacións de empresas pesqueiras galegas no país. Reunirase co xefe de Goberno de Bos Aires, Jorge Macri; co o gobernador da provincia de Chubut, Ignacio Torres, e a embaixadora de España na Arxentina, María Jesús Alonso.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES