lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsComarcasCorenta artistas exporán as súas obras no Mercado de Arte de Sabarís

Corenta artistas exporán as súas obras no Mercado de Arte de Sabarís

O Multiusos Mercado de Sabarís, en Baiona, acollerá os días 17, 18 e 19 de maio, una nova edición do Mercado de Arte, no que participarán 40 artistas de toda a comarca do Val Miñor, con máis de 500 obras de pintura, escultura e fotografía.

O evento busca dar a coñecer e promocionar a artistas locais e novos valores emerxentes para os que aínda é difícil mostrar a súa obra en galerías comerciais. Tamén expoñerán as súas obras autores xa recoñecidos no panorama galego, que coa súa presenza apoian a estes novos artistas.

Cada día programaranse actividades paralelas: realizaranse conferencias, estará presente a comunidade global de debuxantes Urban Sketchers, e o día 17 de maio terá lugar  o III Concurso de pintura rápida “Chicho Solveira”, dotado con primeiro e segundo premio, e no que haberá unha categoría xuvenil de 11 a 16 anos, e outra infantil de 4 a 10 anos.

As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico coemsa2010@hotmail.com ata o 16 de maio, e pódese obter máis información sobre o concurso no facebook “Sabarís é outra historia”.

O horario de apertura ao público do Multiusos Mercado de Sabarís durante os tres días será de 11 a 21 horas, sendo a entrada totalmente gratuita.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES