lunes, mayo 20, 2024
InicioNewsComarcasA axenda urbana do Porriño avanza na definición do seu marco estratéxico

A axenda urbana do Porriño avanza na definición do seu marco estratéxico

O proceso participativo estivo formado por diversas mesas de traballo de técnicos municipais, grupos políticos, e axentes sociais e económicos, ademais dunha enquisa entre a cidadanía

A Axenda Urbana e Rural do Porriño avanza na definición do seu marco estratéxico logo da identificación dos principais retos do municipio. “O proceso participativo concluíu coa cunha ampla participación da veciñanza na enquisa e coa celebración de cinco mesas nas que participaron os técnicos e traballadores municipais, grupos políticos, axentes sociais, medioambientais e económicos”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Entramos xa na seguinte fase, na que se elaborará o marco estratéxico e o conseguinte Plan de Acción de maneira participada con todos os axentes do territorio, asegurando desta maneira que o documento final sexa un reflexo das capacidades e necesidades colectivas do Porriño”.


O rexedor mostrouse agradecido do alto grado de participación dos/as porriñeses/as, que mostraron a súa opinión a través do cuestionario online que estivo dispoñible na páxina web da Axenda Urbana. “Demostra o compromiso da veciñanza co seu pobo, algo clave para alcanzar os obxectivos que nos propostos e construír entre todos un Porriño máis cohesionado e cun futuro sostible”, concluíu Lorenzo.

Axenda Urbana e Rural do Porriño
A Axenda Urbana e Rural do municipio inclúe tres fases: o diagnóstico, o marco estratéxico e o plan de acción. Ademais van acompañadas dun proceso transversal de participación cidadá.


A finalización da primeira fase conclúe cun conxunto de retos que foron priorizados no proceso participativo.
Agora estáse a traballar na definición do marco estratéxico que vai definir as liñas estratéxicas e as accións. Este proceso vai permitir dar resposta ás necesidades identificadas para lograr un Porriño inclusivo, integrado, resiliente e sustentable.

Todos os detalles da Axenda Urbana pódense consultar en https://axendaurbanaoporrino.com/

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES