Sábado, Maio 2, 2026
HomeActualidadeDeportesO Lugo xogará co Atlético de Madrid na Copa do Rei

O Lugo xogará co Atlético de Madrid na Copa do Rei

O Club Deportivo Lugo recibirá a comezos de xaneiro ao Atlético de Madrid nos dezaseisavos de final da Copa do Rei.

Tocoulles o equipo que dirixe Diego Pablo Simeone.

A ledicia quedou manifesta coa reacción dos xogadores e o corpo técnico do Club Deportivo Lugo ao coñecer o nome do seu rival.

O partido disputarase no Ángel Carro a principios de xaneiro, entre o 6 e o 7 de xaneiro.

Xogadores e corpo técnico agardan que a afección os acompañe para encher o estadio.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS