HomeO PaísA CoruñaFalece unha menor de dous anos tras ser esquecida no interior dun...

Falece unha menor de dous anos tras ser esquecida no interior dun coche en Brión

Unha nena de 2 dous anos morreu este mércores tras ser esquecida polo seu pai no interior do coche. O home esqueceu deixar á pequena na escola infantil e a pequena pasou moitas horas a altas temperaturas no interior do vehículo.

Segundo informan fontes cercanas ao caso, o proxenitor levou ao seu filllo maior á escola e esqueceu deixar á pequena na escola infantil tras recibir unha chamada cando pasaba por diante do seu centro de traballo. Segundo relatan ditas fontes, o home estacionou o seu vehículo ao recibir a chamada, e acudiu ao centro de traballo, sen percatarse que non deixara á nena na gardería.

A familia deuse conta do suceso cando a nai foi recoller á nena á escola infantil, e non estaba. Ao atopala no coche, trasladaron á menor ao PAC de Bertamiráns, onde foi atendida tamén por unha ambulancia medicalizada que realizou manobras de reanimación, sen logralo.

Pola súa banda, o CIAE 112 Galicia explicou que o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) ofrece atención especializada á familia.

Dende o Concello de Brión comunicaron que se decretarán dous días de loito oficial en sinal de condolencia e realizaron unha convocatoria dun minuto de silencio para a xornada do venres, ás 12:00 horas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS