Unha nena de 2 dous anos morreu este mércores tras ser esquecida polo seu pai no interior do coche. O home esqueceu deixar á pequena na escola infantil e a pequena pasou moitas horas a altas temperaturas no interior do vehículo.
Segundo informan fontes cercanas ao caso, o proxenitor levou ao seu filllo maior á escola e esqueceu deixar á pequena na escola infantil tras recibir unha chamada cando pasaba por diante do seu centro de traballo. Segundo relatan ditas fontes, o home estacionou o seu vehículo ao recibir a chamada, e acudiu ao centro de traballo, sen percatarse que non deixara á nena na gardería.
A familia deuse conta do suceso cando a nai foi recoller á nena á escola infantil, e non estaba. Ao atopala no coche, trasladaron á menor ao PAC de Bertamiráns, onde foi atendida tamén por unha ambulancia medicalizada que realizou manobras de reanimación, sen logralo.
Pola súa banda, o CIAE 112 Galicia explicou que o Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE) ofrece atención especializada á familia.
Dende o Concello de Brión comunicaron que se decretarán dous días de loito oficial en sinal de condolencia e realizaron unha convocatoria dun minuto de silencio para a xornada do venres, ás 12:00 horas.

