Mércores, Marzo 4, 2026
HomeComarcasO Condado"A delegación da Xunta estudará en As Neves solucións para o acceso...

“A delegación da Xunta estudará en As Neves solucións para o acceso de Setados”

O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, confirma en Si Radio que está prevista unha reunión coa delegación da Xunta de Pontevedra para solucionar a perigosidade do acceso á parroquia de Setados. 

 

A delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra accedeu á petición que lle realizou o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, para atopar unha solución no cruce da parroquia de Setados. E é que se trata dunha entrada na que hai pouca visibilidade, cun carril de aceleración e na que non existe proteccións físicas para os peóns. O Concello pediu dende hai varios anos que se constrúa unha rotonda co fin de converter ese tramo nun punto máis seguro. 

Mentres a actuación da rotonda non chega, a delegación da Xunta na provincia visitará As Neves, segundo aseverou o rexedor, a próxima semana para incluir melloras para a seguridade dos vehículos e dos peóns.

Nun correo electrónico enviado á conselleira de Infraestruturas o alcalde reitera “a urxencia desta obra pois o número e a gravidade dos accidentes van en aumento, co conseguinte incremento do descontento social polos graves riscos que está implicando”.

O rexedor, que tamén remite a estimación dos  custes de execución das obras, lembra o último accidente que tivo lugar o domingo pasado, día 4, no que un vehículo estrelouse contra a casa que forma esquina, entre o vial autonómico e o local, deixando ferido de gravidade ao ocupante do coche, causando danos á vivenda aínda que “por fortuna” non se produciu ningún atropelo no trazado do accidente.

O alcalde advirte de que este suceso non é illado e que “súmase a múltiples outros que van a acabar por producir algún día un dano irreparable que debemos evitar”. Por todo elo, “solicítolle a adopción inmediata de solucións para esta grave situación de falta de seguridade”.

Escoita a entrevista completa aquí:

 

 

 

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS