O alcalde, Xosé Manuel Rodríguez, confirma en Si Radio que está prevista unha reunión coa delegación da Xunta de Pontevedra para solucionar a perigosidade do acceso á parroquia de Setados.
A delegación da Xunta de Galicia en Pontevedra accedeu á petición que lle realizou o alcalde das Neves, Xosé Manuel Rodríguez, para atopar unha solución no cruce da parroquia de Setados. E é que se trata dunha entrada na que hai pouca visibilidade, cun carril de aceleración e na que non existe proteccións físicas para os peóns. O Concello pediu dende hai varios anos que se constrúa unha rotonda co fin de converter ese tramo nun punto máis seguro.
Mentres a actuación da rotonda non chega, a delegación da Xunta na provincia visitará As Neves, segundo aseverou o rexedor, a próxima semana para incluir melloras para a seguridade dos vehículos e dos peóns.
Nun correo electrónico enviado á conselleira de Infraestruturas o alcalde reitera «a urxencia desta obra pois o número e a gravidade dos accidentes van en aumento, co conseguinte incremento do descontento social polos graves riscos que está implicando».
O rexedor, que tamén remite a estimación dos custes de execución das obras, lembra o último accidente que tivo lugar o domingo pasado, día 4, no que un vehículo estrelouse contra a casa que forma esquina, entre o vial autonómico e o local, deixando ferido de gravidade ao ocupante do coche, causando danos á vivenda aínda que «por fortuna» non se produciu ningún atropelo no trazado do accidente.
O alcalde advirte de que este suceso non é illado e que «súmase a múltiples outros que van a acabar por producir algún día un dano irreparable que debemos evitar». Por todo elo, «solicítolle a adopción inmediata de solucións para esta grave situación de falta de seguridade».
Escoita a entrevista completa aquí:

