Luns, Marzo 16, 2026
HomeComarcasO CondadoAs traballadoras do SAF de Ponteareas desconvocan a folga: "Conseguímolo"

As traballadoras do SAF de Ponteareas desconvocan a folga: “Conseguímolo”

A empresa adxudicataria do servizo actualizará os salarios e pagará, amáis, os atrasos este mesmo mes.

 

As traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar de Ponteareas (SAF) desconvocan a folga que tiñan prevista para o luns 12 de setembro. E é que as negociacións que mantiveron as representantes coa empreas chegaron a bo porto: “Conseguímolo, aínda que non todo, pero conseguímolo”, explica en Si Radio a representante Digna Cardoso. 

A empresa que ten adxudicado o servizo na vila do Tea comprometeuse coas traballadoras a realizar unha actualización salarial ata o 6,5% de incremetno do IPC así como a abanonar os atrasos xerados dende o 1 de xaneiro de 2022 na nómina do mes de setembro. Pola súa banda, a quilometraxe  pagarase a partir do 1 de setembro ao prezo de 0,21 €/ Qm. Amáis, as partes comprométense a abrir un proceso de consultas e negociación implicando ao Concello de Ponteareas, co obxectivo de acadar unha compensación por transporte para o  conxunto de traballadoras.

Xunto a isto comprométense a estudar e negociar unha mellora nas condicións da distribución de xornada das auxiliares, nomeadamente no que se refire a descansos diario e semanal das traballadoras así como a convocatoria dunha xuntanza do comité de saúde laboral para analizar o desenvolvemento dos servizos.

Escoita a entrevista con Digna Cardoso aquí:

 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS