Mércores, Maio 6, 2026
HomeNewsActualidadeMos ultima o orzamento para 2025 tras descender en 16,38% a taxa...

Mos ultima o orzamento para 2025 tras descender en 16,38% a taxa de endebedamento no anterior exercicio

Integrantes do equipo de goberno local de Mos, xunto co persoal do departamento municipal de intervención, atópanse ultimando o orzamento do Concello de Mos para o presente ano 2025 que anunciaron lles será entregado a vindeira semana aos grupos da oposición da Corporación Municipal e aprobado en Pleno o próximo día 14 de marzo.

Os edís levaron a cabo unha mesa de traballo co fin de dar as últimas pinceladas ao orzamento anual e a rexedora local mosense, Nidia Arévalo, deu conta do dato en positivo da liquidación do exercicio 2024.

Arévalo informou dos datos que competen ao ano 2024, onde o resultado orzamentario foi de 2.098.652,84 euros, un remanente de Tesourería positivo en +1.043.448 euros fronte aos -1.922.500,81 euros de 2023, consolidando un aforro bruto de 3.146.565 euros e un aforro neto de 2.627.322,641 euros. Deste xeito, a porcentaxe de endebedamento descense ata o 16,38%.

Sobre estes resultados o Informe de Intevención conclúe que “a liquidación de 2024 reflexa un resultado orzamentario positivo o que supón que os dereitos recoñecidos (ingresos) do pasado exercicio foron maiores que as obrigacións recoñecidas (gastos) do mesmo exercicio, é dicir, que os ingresos orzamentarios foron suficientes para cubrir os gastos orzamentarios.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS