Xoves, Febreiro 5, 2026
HomeNewsO PaísBoas previsións para Semana Santa con 300 peregrinos ao día

Boas previsións para Semana Santa con 300 peregrinos ao día

O sectro turístico galego  ten “bastante boas, moi boas” perspectivas para Semana Santa, non só vinculado co efecto Xacobeo, segundo manifestou o conselleiro de Turismo e Vicepresidente, Alfondo Rueda. Galicia está a recibir uns 300 peregrinos diarios, que é un dato que “está moi ben”, dixo, para esta época do ano.

Rueda asegura que o sector “cruza os dedos” porque, aínda, estamos “na cola da pandemia”, ao que hai que sumarlle as consecuencias na mobilidade polo conflito de Ucraína.

O vicepresidente afirmou que “as perspectivas son bastante boas, moi boas”, ben tamén vai depender “un pouco da climatoloxía”.

Rueda sinalou que esas son as sensacións que ten o Clúster do Turismo e en xeral os profesionais do sector, que en xeral é de “esperanzas e perspectivas moi boas”.

Galicia está a superar  a diario os 300 peregrinos, que “para esta época do ano está moi ben” avaliou.

“E todo fai aventurar que non só con respecto ao Xacobeo, senón en canto á afluencia turística en xeral, leste pode ser un ano moi bo”, sinalou Rueda quen, para rematar, dixo que Galicia “está no camiño da recuperación turística”. 

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS