jueves, marzo 28, 2024
InicioNewsO PaísAxudas para autónomos e pemes coa facturación case paralizada

Axudas para autónomos e pemes coa facturación case paralizada

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, anunciou no Foro Feria 2022 que a Xunta está ultimando un novo programa de axudas por valor de 2,7 millóns de euros destinado a traballadores por conta propia e pemes con actividades económicas especialmente paralizadas.

A nova orde incluirá entre os seus principais requisitos que os beneficiarios dos apoios conten cunha caída de facturación de polo menos o 70% no ano 2021 con respecto a 2019. As axudas oscilarán entre os 1.000 e os 12.000 euros, segundo os ingresos de facturación do ano 2019.

Lorenzana puxo en valor o apoio da Xunta aos autónomos, principalmente, nos momentos de maior dificultade e, así, lembrou os plans de rescate postos en marcha polo Goberno da Xunta e sinalou que nos tres primeiros meses do ano a Administración autonómica xa activou axudas por valor de 26 millóns de euros destinadas a este colectivo, do que afirmou que é un piar esencial da sociedade e prioritario para a Xunta de Galicia.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES