viernes, abril 26, 2024
InicioComarcasO CondadoA unidade de saúde mental de Ponteareas bota a andar no mes...

A unidade de saúde mental de Ponteareas bota a andar no mes de abril

Contará con catro profesionais e atenderán, en principio, en horario de tarde.

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou este martes en Ponteareas que «no mes de abril botará a andar outra nova unidade de saúde mental de adultos», esta vez, «na comarca do Condado, en Ponteareas, con catro profesionais». Dixoo así na inauguración do novo espazo do que dispón a asociación Avelaíña na vila do tea. Neste contexto, Comesaña explica que «estase a chamar xa aos profesionais das listas de contratación e, en canto se contraten, iniciará a súa actividade en horario de tarde, provisionalmente, mentres non se realice unha reforma que habilite novos espazos no centro». Prevé que «antes do verán poderá estar xa funcionando en quenda de mañá».

Esta unidade de saúde mental integrarase no novo centro de saúde que o Sergas construirá en Ponteareas, no que «se contempla os espazos necesarios para unha localización estable e defnitiva a este novo servizo». Así, o conselleiro dixo estar xa en diálogo co Concello para a parcela máis axeitada e «os técnicos do SERGAS irán a vindeira semana para avaliar as propostas que permitan ter canto antes ese novo espazo ao servizo da veciñanza». Refírese á reunión que manterán o persoal de Sanidade co do Concello para seguir avanzando na decisión sobre a ubicación do edificio sanitario.

Na consellería de Sanidade, descartaron reformar o actual centro de saúde polo que a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, amosou o plano desa zona no que existe a posibilidade de construir o edificio sanitario. Con todo, «non se rexeita ningunha localización», explicou Julio García Comesaña, aínda que a rexedora apuntou a que, segundo as características que solicitou o ente autonómico, o terreno terá que estar «nun vial principal» xa que haberá unha base do 061 polo que é difícil que se sitúe no centro da vila.

 

 

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES