martes, abril 30, 2024
InicioComarcasO CondadoO Fermin Bouza Brey pide paz este venres nunha cadea humana

O Fermin Bouza Brey pide paz este venres nunha cadea humana

A comunidade educativa deste centro público de Ponteareas rodearán o colexio a partir das 12:30 horas.

Máis de 300 persoas da comunidade educativa do colexio público Fermín Bouza Brey sairán este venres ás 12:30 horas para realizar unha cadea humana na que pedirán paz para Ucrania logo da invasión das tropas rusas no país. Farán tamén un minuto de silencio coa canción de Imagine como fondo.

Unha das mestras do Bouza Brey, Coral Estévez, explica para os informativos de Si Radio de Galicia, que os nenos e as nenas do colexio non son alleos ao que está pasando en Europa «e que fan preguntas e queren saber os motivos desta situación». Invita tamén ás demais comunidades educativas a realizar o mesmo acto nas contornas dos seus centros.

Escoita aquí a entrevista completa:

 

 

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES