jueves, marzo 28, 2024
InicioComarcasLouriñaUn cento de docentes fórmanse en Mos en primeiros auxilios

Un cento de docentes fórmanse en Mos en primeiros auxilios

A formación foi impartida polas enfermeiras do Centro de Saúde mosense que forman parte da Mesa Local da Saúde.

A concellería de Educación mosense e o equipo de enfermeiras do Centro de Saúde de Mos, integrantes da Mesa Local da Saúde, organizaron unhas xornadas formativas no Multiusos das Pozas sobre primeiros auxilios dirixidas a docentes da comunidade educativa mosense: Escolas Infantís, CEIPs e IES.

As enfermeiras que impartiron a formación son Lorena Comesaña, Macarena Chacón e Inés Alonso. Que tamén contaron con la presenza do Médico Ángel Pichel Loureiro.

30 mestres e mestras pertencentes ao profesorado do IES e ás 3 Escolas Infantís A Galiña Azul de Mos participaron na iniciativa a semana pasada. E esta semana fíxérono 70 docentes dos 5 Colexios de Educación Infantil e Primaria. En total un cento de profesores da comunidade educativa mosense formáronse en primeiros auxilios.

Esta iniciativa emprendeuse dado que na contorna escolar poden acontecer, con maior ou menor frecuencia, situacións de emerxencia ou accidentes, onde os profesionais deben actuar rapidamente xa que o prognóstico ou evolución das lesións derivadas pódese ver relacionado coa inmediatez e calidade dos primeiros auxilios prestados.

Nos plans de emerxencia dos centros inclúen na súa redacción orientacións acerca das actuacións precisas nos primeiros auxilios (PPAA) e urxencias, establecendo pautas básicas de actuación. Por iso, a comunidade educativa debe adquirir uns coñecementos básicos para proporcionar de forma correcta estes coidados e para o manexo básico de complicacións de enfermidades crónicas, como pode ser unha hipoglucemia nun neno diabético ou unha crise asmática, entre outras.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES