martes, abril 23, 2024
InicioNewsO PaísGalicia retira a recomendación de levar a máscara nos recreos

Galicia retira a recomendación de levar a máscara nos recreos

Xa non é obrigatoria a máscara no patio dos colexios para as alumnas e os alumnos pero Galicia seguía a recomendar ata agora o seu uso. Desta vez coa vacinación de nenas e nenos de 5 a 11 anos estendida, a Xunta levanta esa recomendación asesorada polos expertos que a asesoran na pandemia da COVID-19.

 Feijóo:

A recomendación emitida pola Xunta de que os estudantes galegos usen a máscara durante o recreo deixará de ter efecto, segundo anunciou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

Feijóo explicou que «hoxe no subcomité clínico probablemente se deixe sen efecto a recomendación do uso das máscaras no recreo». Díxoo tras a reunión semanal do Executivo autonómico, celebrada en Lugo.

Concluída  a vacinación da poboación obxectiva, o Goberno galego entende que é o momento de facer decaer esta suxerencia.

Con todo, se un alumno ou unha familia decide que o seu fillo siga levándoa  durante o recreo, por suposto, pode facelo.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES