HomeNewsO PaísOs hospitais galegos superan os 700 hospitalizados con COVID

Os hospitais galegos superan os 700 hospitalizados con COVID

Galicia ten nos seus hospitais 704 persoas diagnosticadas de coronavirus: 663, nos hospitais e 41 na UCI. O total de casos activos baixa a 60.700 aínda que o número de contaxios diarios ascendeu lixeiramente na última xornada con 4.500 novos positivos diagnosticados.

Unha barreira que non queriamos superar pero que xa superamos, a dos 700 ingresos hospitalarios por coronavirus.

Os casos activos seguen diminuíndo (-2.147) e xa están polos 60.000. En total, hai 60.720 persoas con coronavirus en Galicia.

Pola súa parte, os contaxios diarios soben lixeiramente con respecto ao día anterior e rexístranse 4.577 nas últimas 24 horas.

Todas as áreas sanitarias baixaron os seus casos activos:

A Coruña: 13.323 (-527)

Vigo: 15.661 (-709)

Ourense: 6.129 (-142)

Santiago: 9.703 (-284)

Lugo: 6.205 (-189)

Pontevedra: 6.785 (-197)

Ferrol: 2.914 (-99)

Nos hospitais houbo 21 ingresos máis en planta, aínda que restáronse 3 nas UCI. En total, hai 704 persoas hospitalizadas, 663 en planta e 41 nas UCI.

As mortes tampouco se deteñen. O Sergas notificou 7 decesos por mor da covid, que alzan a cifra a 2.939 falecementos desde o inicio da pandemia.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS