martes, abril 23, 2024
InicioComarcasO CondadoSalvaterra entrega novos composteiros

Salvaterra entrega novos composteiros

O obxectivo é lograr unha xestión máis sostible do lixo.

O Concello de Salvaterra de Miño volve a poñe a dispoición dos veciños e das veciñas unha nova remesa de composteiros, dentro do programa de compostaxe doméstico para vivendas unifamiliares coa adhesión ao programa de Sogama. O obxectivo é lograr unha xestión máis sostible do lixo.

Deste xeito, a adminsitración local manterá a súa extensión das prácticas de autocompostaxe a novas vivendas para propiciar a reciclaxe de materia orgánica en orixe, un proceso con importantes beneficios ambientais e sociais, tal e como explica o Concello. 

Posto que os resiudos orgánicos representan aproximadamente o 42% da composición media dunha bolsa tipo, se estos se reciclan en orixe e se evitan o seu depósito en contenedores verdes convencionais, o Concello entregará menos toneladas de lixo a SOGAMA, reduncido,así, os custes.

Os veciños e as veciñas que se incorporen a esta nova fase, recibirán igualmente manuais didácticos nos que se explica de maneira detallada a técnica que cómpre seguir para obter un compost de boa calidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES