sábado, junio 15, 2024
InicioComarcasLouriñaUrxe a mellora integral do colexio Fernández López

Urxe a mellora integral do colexio Fernández López

Alcalde e concelleira de Educación valoran coa Dirección do centro as solucións oportunas

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, e a concelleira de Educación, Carolina González, visitaron o CEIP Xosé Fernández López acompañados polo director do centro, Benito Rodríguez, quen transmitiu aos representantes municipais as principais necesidades do colexio.

“A comunidade educativa insiste dende hai anos na necesidade de executar unha mellora integral das instalacións e é unha intervención prioritaria xa que falamos dun edificio que se construíu hai máis de 45 anos e precisa ser acondicionado”, explicou o rexedor, “Urxe dar solución aos problemas cos que se atopan os nenos e nenas que cada día acoden a este centro e así o transmitiremos á consellería de Educación”.

Cabe destacar que no CEIP porriñés acometéronse varias melloras respondendo ás demandas do centro, tanto dende o Concello como dende a administración autonómica, a última delas a reparación da cuberta do patio. Tamén se instalou un ascensor, necesario para suprimir as barreiras arquitectónicas e garantir a accesibilidade dos nenos e nenas, e cambiáronse as luminarias e as antigas fiestras de aluminio para illar o centro.

“Realizáronse xa varias actuacións pero queda moito por facer. Precisa dunha intervención integral que permita que os nenos e nenas do casco urbano do Porriño acudan a clase en condicións”, concluíu o rexedor.

Unha das cuestións que se abordaron durante a visita foi a que é unha das grandes demandas da comunidade educativa do centro, a construción dun comedor escolar. Neste sentido, os representantes municipais e o director valoraron varias opcións que permitan salvar os problemas de espazo que imposibilitan a posta en marcha deste servizo.

O rexedor reiterou o seu compromiso á dirección de transmitir á Consellería de Educación a urxencia destas melloras, nun centro que conta con 400 alumnos e alumnas e un claustro de 35 profesore

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES