HomeNewsActualidadeUn 25% das cafeterías escolares de Galicia tiran a toalla e renuncian...

Un 25% das cafeterías escolares de Galicia tiran a toalla e renuncian á súa concesión pola normativa de alimentación

A prohibición de vender ultraprocesados e refrescos tras o decreto de comedores saudables aboca ao peche a 47 das 200 cantinas que funcionaban nos centros educativos galegos dende abril

A profunda renovación do modelo alimentario nos centros educativos galegos está a pasar factura aos establecementos de hostalería escolar. Tal e como sinalou a Consellería de Educación, un total de 47 cafeterías das 200 que operaban na comunidade —o que representa un 25% do total— presentaron a súa renuncia á concesión dende o pasado mes de abril, cando entrou en vigor a prohibición estrita de comercializar produtos ultraprocesados e bebidas azucradas.

A normativa, impulsada pola Axencia Española de Seguridad Alimentaria y Nutrición a través do Decreto de Comedores Saludables y Sostenibles, busca frear o sobrepeso infantil eliminando dos mostradores e das máquinas expendedoras a bollería industrial, os snacks e calquera produto que supere as 200 calorías ou límites específicos de azucres e graxas. Con todo, esta drástica redución da oferta deixou aos negocios sen marxe de rentabilidade.

Críticas da Consellería e impacto no emprego

Dende a Consellería de Educación apuntaron que, aínda que están a favor dunha alimentación saudable para a mocidade, cargar esta responsabilidade en exclusiva sobre as cafeterías fai inviable a súa supervivencia económica. Segundo o departamento autonómico, a medida dificulta a xestión diaria e xera un problema engadido de desemprego, advertindo que os alumnos poden seguir conseguindo produtos prohibidos fóra dos centros ou levándoos da casa.

A nova normativa, que dispuña dun ano de marxxe dende a súa publicación en abril de 2025 para adaptar os menús e mostradores aos produtos vexetais, froita, legumes e cereales integrais, tamén transformou os comedores escolares. Nestes espazos reduciuse o protagonismo da pasta e do arroz, limitouse a carne vermella a unha ración semanal e priorizouse o peixe e o ovo como principais fontes de proteína animal.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS