HomeNewsActualidadeLocalizan o corpo sen vida do mozo de 23 anos desaparecido mentres...

Localizan o corpo sen vida do mozo de 23 anos desaparecido mentres se bañaba no río Miño

Unha embarcación da Comandancia Naval rescatou o cadaleito a poucos metros de onde se lle perdeu a pista o pasado domingo, nunha zona marcada polas fortes correntes

Triste desenlace na búsqueda do mozo de 23 anos que desapareceu o pasado fin de semana mentres se bañaba no río Miño xunto a cinco amigos, todos procedentes do distrito de Oporto. Tal e como informou a Comandancia Naval do Miño, o corpo foi rescatado arredor das 09:30 horas desta mañá por unha das súas embarcacións a escasa distancia do punto exacto onde o nufrago se sumerxira e se lle perdeu de vista.

O suceso tivo lugar cando o grupo de amigos desfrutaba dun día de praia e foron sorprendidos pola forte corrente da zona. Mentres os demais conseguiron sair da auga, ao mozo perdéuseguelle a pista, o que motivou que os seus compañeiros desen a voz de alarma arredor das 13:40 horas (hora portuguesa). Dende ese mesmo instante activouse un operativo conxunto en augas internacionais no que participaron a propia Comandancia Naval, o buque Cabo Fradera e a Garda Civil, en estreita colaboración cos medios e autoridades lusas.

Xestión do caso polas autoridades lusas

Tras o rescate do corpo, a Comandancia Naval sinalou que serán agora as autoridades de Portugal as encargadas de asumir a tutela do cadáver e de completar tódolos trámites administrativos e xudiciais necesarios.

O operativo de búsqueda despregado dende o domingo centrárase nun tramo fluvial moi complexo situado entre a illa de Morraceira —pertencente á parroquia de Seixas, en Caminha— e a localidade de Lanhelas, un espazo caracterizado pola presenza de bancos de area e perigosas correntes que dificultan a navegación e o baño.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS