martes, mayo 6, 2025
InicioComarcasBaixo MiñoTui abre o "baúl da República"

Tui abre o «baúl da República»

A capital da comarca do Baixo Miño abre o «baúl da República» no marco do programa Tui en letras. E é que a escritora Laura Martínez Alarcón presenta a súa primeira novela, baseada no exilio republicano en México, a partir das 19:30 horas na Sala Félix Rodríguez.

Cal é a trama do libro?

Os veciños e as veciñas da cidade así como as persoas que se acheguen ata espazo cultural asistirán á presentación desta obra, «El baúl de la República«, que xira en torno ao exilio republicano e a chegada do Sinaia a México. Trátase dunha ficción inspirada nos dezaoito números dun modesto xornal escrito e impreso durante a travesía. É unha historia que puido ocorrer naquel paquebote, «ateigado de homes e mulleres vencidos por unha guerra, pero que xamais perderon a dignidade nin a esperanza».

A concelleira de Ensino, Cultura e Mocidade do Concello de Tui, Sonsoles Vicente Solla, agradece o interese da autora por achegar a presentación desta obra «á nosa cidade que contribúe á recuperación da memoria democrática, neste caso relacionada co mundo do exilio, unha temática coa que este Concello de Tui se sinte especialmente comprometido».

Sinopse

Un forte sismo sacode a cidade de México e Valentina Blasco perde o seu teito e o seu posto de traballo. Ela cree perdelo todo. Pero cando as autoridades permítenlle entrar a recoller algunhas das súas pertenzas, ela atopa un pequeno baúl que pertenceu á súa avoa Aurora.

Naquela caixa descobre á muller que chegou a México xunto con miles de exiliados republicanos que acharon asilo despois da guerra civil española. Aí atopa os diarios que foron elaborados durante o traxecto do Sinaia a México, así como un caderno onde Aurora escribiu as súas impresións da viaxe e os pormenores dunha historia de amor inacabada. Ao abrilo, Valentina tamén fará unha viaxe persoal. Pero a historia non acaba aquí. Poderá pecharse aquel círculo que en aparencia rompeu a traxedia?

A autora

Laura Martínez Alarcón (Ciudad de México, 1957). Xornalista mexicana afincada en España desde 2007. Estudou Xornalismo na Universidade Nacional Autónoma de México, onde tamén cursou a Mestría en Estudos México-Estados Unidos. É Doutoranda en Comunicación, Información e Propaganda pola Universidade Complutense de Madrid.

Foi reporteira e coordinadora de produción e contidos en radio, televisión e prensa escrita e electrónica. Desde hai varios anos participa en cursos e talleres de literatura, narrativa e filosofía en Madrid e Barcelona. É colaboradora do portal www.filco.es e da revista en papel Filosofía & Co. Publicou en diversas revistas literarias e editou dous libros de contos “Cortoletrajes” e “A muller sen nome e outros relatos”. “O baúl da República” é a súa primeira novela.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS