A Xunta de Galicia vén de dar luz verde ambiental ao desbloqueo do solo para a construción do auditorio de Salvaterra de Miño. Tratábase dun paso fundamental para a súa edificación, xa que a parcela onde se pretende ubicar o edificio está considerada como solo rústico no PXOM, que data de 1993.
Segundo o informe ambiental publicado no DOG “non se prevé que a execución dun auditorio en solo rústico en Salvaterra de Miño teña efectos ambientais adversos significativos” ao tempo que indica que se deberán “minimizar a eliminaciónd e elementos naturais tales como pés ou masas de arboredo autóctono; así como empregar especies autóctonas nas plantacións vexetais das zonas libres”.
A parcela elexida conta con case 6.000 metros cadrados e estará situada na estrada de acceso ao municipio. O proxecto de edificación contempla un aforo de 500 prazas, distribuidas en salas polivalentes e que ocupará o 20% da parcela; o edificio terá dúas plantas de altura e contará cunha zona de aparcamento centra así como cunha zona verde.

