martes, marzo 25, 2025
InicioComarcasÁrea de VigoSobe o prezo do billete do bus urbano en Vigo

Sobe o prezo do billete do bus urbano en Vigo

O Concello de Vigo vén de aprobar na Xunta do Goberno Local un aumento de 6 céntimos no billete ordinario de Vitrasa. Así o denuncia o Partido Popular da cidade de Vigo a través dun comunicado no que indica que «entrará en vigor con carácter retroactivo unha vez sexa autorizada pola Dirección Xeral de Comercio». Deste xeito, «o prezo do billete ordinario pasará de 1,57 euros a 1,63 euros». Isto representa «un aumento de case o 4% en liña co incremento de impostos e tasas municipais previsto para este ano».

Pola súa banda, o goberno municipal, liderado polo socialista Abel Caballero, indica que «en aplicación do contrato do transporte en vigor actualizará o prezo do billete do transporte urbano para este 2025, que se utiliza de forma maioritaria coa tarxeta PassVigo«. Para as persoas usuarias da tarxeta, «o billete custará 0,56 céntimos polo que a suba do prezo será de 3 céntimos, sendo a subvención de 1,10 euros».

En canto aos pensionistas I e II e ás persoas con mobilidade reducida que usen cadeira de rodas e os seus acompañantes “seguirán tendo gratuidade total no prezo do billete. Non se lles incrementa o prezo”, sinalou Caballero.

Ademais, o billete universitario coa PassVigo custará 0,42 céntimos, «xa que conta cunha subvención de 1,24 euros, e o billete de estudante coa PassVigo custará 0,54€, cunha subvención de 1,12 céntimos».

Sen PassVigo

As persoas que utilicen o billete ordinario do transporte urbano, sen a PassVigo, deberán aboar 1,63 euros, 6 céntimos máis que a tarifa en vigor. A proposta da empresa era subir ata 1,66 pero o goberno municipal estima que a suba debe ser de 6 céntimos, quedando en 1,63, como explicou o rexedor.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS