A nave lóbrega da antiga nave de Aceros do Tea cobrou vida de novo. Un manto de luces led cobre os máis de 20 postos que se instalaron neste mercado de Nadal co fin de ofrecer aos veciños e as veciñas así como as persoas visitantes diferentes produtos como rosquillas, mel, adornos ou accesorios, entre outras cuestións.
E é que o Concello de Ponteareas vén de inaugurar este mercado de Nadal que, por primeira vez, se localiza en Mercatea, o espazo que albergará nun futuro a Praza de Abastos Municipal. Estará dispoñible ata o próximo 5 de xaneiro en horario tanto de mañá como de tarde, segundo anunciou a administración local.
Que produtos hai nos postos do Mercado de Nadal en Ponteareas?
Os veciños e as veciñas así como as persoas que decidan visitar o mercado de Nadal de Ponteareas poderán atopar desde produtos elaborados con aceiro, accesorios para o cabelo, complementos, incienso e velas artesanias, plantas, elaboracións con madeira, cestería e, entre outras cousas, as famosas rosquillas da vila do Tea así como churros así como bebidas artesás e ecolóxicas. Tamén está instalada unha fooddtruck nas instalacións.
Primeiro mercadillo de troco
Ademais, o merecado de Nadal de Ponteareas esconde unha acción solidaria e é que os alumnado de Turismo da área de Emprego do Concello puxo en marcha o primeiro mercadillo de troco no municipio. O obxectivo, segundo explicaron a Si Radio, é «fomentar a economía circular«. Paralelamente, ofrecen diferentes visitas guiadas sobre algunhas das persoaxes ilustres da vila do Corpus con dúas horas e media de duración.
Horario do Mercado de Nadal en Ponteareas
Os postos deste Mercado de Nadal en Ponteareas estarán abertos todos os días ata o 5 de xaneiro, agás o 25 de decembro e o 1 de xaneiro, desde as 10:00 horas e ata as 14:00 horas e, xa pola tarde, a partir das 16:00 horas e ata as 21:00 horas.