viernes, diciembre 6, 2024
InicioO PaísA CoruñaO Goberno amplía as bonificacións da AP-9 para 2025

O Goberno amplía as bonificacións da AP-9 para 2025

O Consello de Ministros vén de aprobar os descontos que afectarán á AP-9 para o ano 2025 en Galicia. O goberno eleva a 81,6 millóns de euros o presuposto previsto para financiar todos os descontos que afectarán durante o próximo ano .

As novas bonificacións apelarán a dous tipos de usuarios e engádense ás actualmente vixentes (como a gratuidade na volta en menos de 24 horas).

Por unha banda, os vehículos pesados acadarán un 50% dende o seu primeiro viaxe, independentemente do sistema de pago, fronte ao 20% actual.

No caso dos vehículos lixeiros, o desconto tamén se elevará do 20 ao 50% de desconto extra para usuarios que realicen cando menos 20 viaxes ao mes e paguen a través do sistema de telepeaxe.

Estas medidas engádense ás actualmente en vigor, que son:

Por unha banda, a bonificación do 100% do percorrido de regreso, sempre que o traxecto sexa o mesmo que o de ida, se realice nun prazo máximo de 24 horas e o pago sexa efectuado a través do sistema de telepeaxe. Este desconto é aplicable para todos os días da semana, inclusive os festivos.

O traxecto Tui-Vigo ten actualmente unha bonificación adicional do 50% no percorrido de ida para os usuarios que realicen nun prazo máximo de 24 horas dous percorridos iguais (coa mesma orixe e destino) e de sentido contrario dentro do tramo Puxeiros (Vigo)-Tui e viceversa, en días laborais e festivos.

Os traxectos internos no tramo Redondela-Vigo (orixe e destino Rande-Vigo) teñen unha bonificación do 100% sempre que se realice o mesmo traxecto de ida e volta nun prazo máximo de 24 horas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS