martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeSalvaterra prepara o Campus de Conciliación de Nadal

Salvaterra prepara o Campus de Conciliación de Nadal

O Concello de Salvaterra de Miño vén de presentar a proposta de conciliación que ten preparada para os nenos e nenas nas vacacións de Nadal. Trátase dun Campus de Nadal dirixido a pequenos e pequenas nados entre os anos 2013 e 2021 e que conta cun máximo de 52 prazas.

Os días de realización do campus serán 23, 24, 26, 27, 30 e 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro nas instalacións do CEIP Infante Felipe. O horario será de 08:45 a 14:00 horas con posibilidade de aula matinal de 7:30h a 9:00h, sempre que se chegue a un mínimo de 10 solicitudes. O prezo total do campus será de 60€.

O prazo de inscripción será dende o día 14 ata o 21 de novembro ou ata esgotar prazas. As inscripcións poden realizarse a través da sede electrónica ou por rexistro de entrada no Concello en horario de 9:00h a 14:00h.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS