martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsComarcasA Xunta concede unha axuda de 3 millóns a unha coperativa para...

A Xunta concede unha axuda de 3 millóns a unha coperativa para construir 60 vivendas no Porriño

A Xunta colabora con case 3M€ na construción de 60 vivendas de protección autonómica no concello do Porriño, a través da liña de axudas a promotores que puxo en marcha a Administración autonómica para construír inmobles de vivendas de alugueiro accesible.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, achegouse hoxe á parcela situada no encontro entre a Avenida de Galicia e a nova rúa Aloques, no núcleo urbano do Porriño, onde deu a coñecer un novo proxecto de vivenda protexida, neste caso da man de Residencial Aloques, cooperativa de vivenda.

Este proxecto ten un presuposto total de 11M€ para a construción destas 60 novas vivendas de protección autonómica. Coas 60 vivendas proxectadas téntase abranguer a maior diversidade posible de demanda, executándose 8 vivendas de 1 dormitorio; 25 de 2 e 27 de 3 dormitorios. A escavación está xa realizada e as obras deben desenvolverse nun prazo de 36 meses, prorrogables ata 38.

A titular de Vivenda e Planificación de Infraestruturas remarcou o compromiso claro da Xunta coa vivenda, para o que “estamos a dar pasos firmes, tanto para incrementar a oferta de vivenda pública, como para facilitar solo onde desenvolver vivenda”. E tamén, engadiu, adoptando “as medidas legais que permitan axilizar os prazos para poñer vivenda no mercado, garantindo sempre a seguridade xurídica”.

María M. Allegue incidiu na vontade do departamento que dirixe de seguir construíndo máis vivendas públicas e poñer solo ao dispor de promotores e cooperativas, insistindo na importancia, como neste caso, da colaboración público-privada á hora de enfrontar este reto.

A conselleira fixo fincapé na continuidade no traballo da Xunta para reforzar a vivenda protexida en Galicia, no obxectivo de avanzar nos retos de lexislatura de duplicar as vivendas públicas ata as 8.000 e facilitar solo para a construción de 25.000 novas vivendas, 20.000

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS