martes, diciembre 3, 2024
InicioNewsActualidadeO alcalde do Porriño visita as instalacións de Smurfit Westrock no Polígono...

O alcalde do Porriño visita as instalacións de Smurfit Westrock no Polígono Industrial da Granxa

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, visita as instalacións de Smurfit Westrock no Polígono Industrial de A Granxa, xunto a José Luis Casals, General Manager da empresa. Esta planta de producción, que ocupa unha superficie de máis de 18.000 m², dos cales case 11.000 m² están construídos, é un dos referentes clave da industria no Porriño.


Smurfit Westrock é unha empresa global líder en solucións de embalaxe sostible, con presenza en 40 países e máis de 500 centros de conversión de embalaxes, ademais de 62 fábricas de papel en todo o mundo. A planta do Porriño, que produce anualmente ao redor de 140 millóns de caixas, especialízase no deseño e fabricación de solucións de embalaxe de cartón corrugado e outros produtos innovadores como os expositores para puntos de venda e as embalaxes Bag- in-Box®. En liña co seu compromiso coa economía circular, Smurfit Westrock utiliza materiais renovables, reciclables e reciclados na produción das súas solucións.


O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, asegurou que «é unha honra para nós contar con Smurfit Westrock como un referente industrial no Porriño. Esta planta non só é un dos motores económico, senón tamén un exemplo de como as grandes empresas poden estar comprometidas coa sustentabilidade e a economía circular. O emprego que xera, sobre todo para as persoas da nosa localidade e a súa área, é fundamental para seguir desenvolvendo o tecido produtivo da nosa zona».


A planta de Smurfit Westrock en Porriño é un exemplo de estabilidade laboral na industria. Cun persoal de 120 traballadores directos e un 30% de persoal flotante, a empresa conta cun 36% dos seus traballadores con case 30 anos de antigüidade, o que reflicte a solidez e o compromiso da compañía cos seus empregados. A maioría dos traballadores son do Porriño e os seus arredores, o que subliña a importancia da planta como promotor de emprego.


José Luis Casals, General Manager de Smurfit Westrock en Porriño, expresou o compromiso da empresa coa comunidade local: «Desde a nosa planta de Porriño, non só buscamos xerar valor económico, senón tamén contribuír de maneira activa ás iniciativas solidarias da nosa rexión. Apoiamos eventos como a recente Carreira de Empresas Concello do Porriño e colaboramos na recollida solidaria de material para os afectados pola DANA en Valencia. Para nós, ser unha empresa responsable e comprometida coa contorna é fundamental».

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS