Axentes especializados en explosivos da Policía Nacional (Tedax) acudiron á primeira hora da mañá deste venres ao hospital Álvaro Cunqueiro, en Vigo, tras unha alerta xerada por unha maleta abandonada ás portas de Urxencias.
Ante a posibilidade de que a maleta escondese un artefacto explosivo, os axentes detiveron o tráfico e estableceron un perímetro de seguridade, tal e como marca o protocolo. Os condutores presentes nas inmediacións do hospital, resultaron abraiados ante o despliegue.
Finalmente, tratouse dunha falsa alarma posto que no interior da maleta non había máis que roupa, segundo informaron fontes da Policía Nacional.

