lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsActualidadeVolta o IVE aos alimentos básicos nos supermercados españois

Volta o IVE aos alimentos básicos nos supermercados españois

O regreso do IVE aos alimentos básicos incrementará un 0,1% o custe da cesta da compra, segundo a OCU

Os supermercados e superficies de alimentación despedíronse este luns da rebaixa do IVE nos alimentos de primeira necesidade que implatara o Goberno como medida anticrise para paliar os efectos da escalada de prezos pola inflación e as guerras de Ucrania e Oriente Próximo, rebaixando e suprimindo o IVE a produtos como o pan, o leite, o aceite ou ás frutas e verduras.

O Goberno aprobara esta medida o pasado mes de xaneiro. Nun principio, a medida foi aprobada para un semestre, pero foi prorrogada en varias ocasións, sendo a última o período comprendido entre o 1 de xullo e o 30 de setembro.

Deste xeito, e a partir deste martes 1 de outubro, a cesta da compra incrementou o seu valor, pasando a ser un 0,1% de media máis cara para cada familia, segundo a Organización de Consumidores e Usuarios (OCU).

Para paliar este impacto, a OCU recomenda escoller froitas e verduras de tempada, que adoitan ter un prezo máis asequible. Outra opción, aseguran dende a OCU, é comprar a verdura conxelada, que de media son un 44% máis baratas.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS