sábado, diciembre 7, 2024
InicioO PaísA CoruñaO tecido comercial da Coruña colabora no deseño do futuro plan estratéxico...

O tecido comercial da Coruña colabora no deseño do futuro plan estratéxico do sector

Tras as xornadas xa celebradas en Ourense e Lugo, esta xuntanza enmárcase no proceso de escoita activa aberto polo Goberno galego para elaborar o Plan estratéxico do comercio de Galicia

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, está a manter no día de hoxe en Expocoruña diferentes encontros con representantes de asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos da provincia da Coruña. Deste xeito -e tras as xuntanzas xa celebradas en Ourense e Lugo- a Xunta continúa avanzando no proceso participativo e de escoita activa con todo o sector. Este proceso ten como obxectivo elaborar o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030.

Gabriel Alén destacou que para o Executivo galego é unha prioridade abordar o futuro do comercio desde o diálogo e a colaboración, atendendo as achegas de todos os axentes implicados. O obxectivo é facer unha diagnose acertada e trazar a estratexia para reforzar e incrementar a competitividade do tecido comercial local das vilas e cidades galegas.

Nesta liña, o director xeral remarcou o importante papel do sector como motor económico e xerador de emprego e riqueza. Non en van, Galicia conta con máis de 24.000 comercios polo miúdo, que xeran 107.000 postos de traballo en toda a Comunidade, ademais de preto dun cento de mercados e prazas de abastos. Así mesmo, sinalou, cómpre tamén poñer en valor o seu rol dinamizador na vitalidade e a vertebración do territorio.

Gabriel Alén incidiu na necesidade de mirar cara o futuro poñendo á disposición do sector todas as ferramentas que precisan para afrontar os retos que teñen por diante. Tamén mencionou a necesidade de adaptarse ás novas realidades e ás tendencias dos consumidores. Estes obxectivos desenvolveranse a través dun modelo que se apoie nos beneficios das novas tecnoloxías e afonde na especialización, na calidade do produto e na experiencia do usuario. Desta forma promóvese ademais o consumo responsable e a sustentabilidade como valores inherentes ao comercio local e de proximidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS