sábado, diciembre 7, 2024
InicioO PaísLugoA segunda edición do Jarana Fest celébrase este venres

A segunda edición do Jarana Fest celébrase este venres

Bruno Castro e Victor Miraz son os responsables deste evento enfocado na xuventude

Coa intención de traer un evento a Lugo enfocado nos xóvenes, Bruno Castro e Victor Miraz levaron a cabo o pasado ano a primeira edición deste festival. Jarana Fest chega cunha nova entrega na que xa serán máis que no seu debut e cunha ampliación de artistas no cartel.

Este festival de música que contará con destacados DJs do panorama musical terá lugar no Pazo de feiras e congresos de Lugo. Estas ubicacións acollerán este venres, 27 de setembro, ás 19.00 horas a celebración desta segunda edición. Un dos pratos fortes da xornada será Kiko Rivera, que actuará a partir das 2.40 horas ata o inicio do cierre unha hora máis tarde con Groove Amigos. Tamén teñen cabida DJs locais como Javi White, Deiros, Pedro Brmudz, Telmo Brea, Unaiii e Mateo Fajardo. As sesións destes integrantes iniciarán toda a festa dende as 19.00 ata as 21.45 horas.

Outros participantes deste festival serán DJ Bacardit, Borja Solla, Dani Serra, Samu Pexe e Maqui Álvarez, que será un dos últimos artistas da velada. Entre Samu Pexe e Maqui Álvarez haberá unha aparición especial anunciada por medio das redes sociais da organización. O primeiro tramo de entradas xa está agotado, pero aínda quedan opcións desde 17,99 euros.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS