lunes, octubre 14, 2024
InicioNewsO PaísInvestigan a unha persoa en Caldas de Reis por presunto roubo con...

Investigan a unha persoa en Caldas de Reis por presunto roubo con forza en catro rochos dun edificio

Investígase como presunto autor a un home de 28 anos veciño de Portas que xa contaba con antecedentes

A Garda Civil de Caldas de Reis investiga a unha persoa por presunto roubo con forza en catro rochos dun edificio da localidade. Os roubos ocorreron durante a segunda semana do mes de febreiro.

Os residentes afectados denunciaron a subtracción de diversos obxectos de valor, incluíndo bicicletas, ferramentas e electrodomésticos que atopábanse gardados nos seus respectivos rochos.

As persoas perxudicadas remarcaron a violencia empregada polo autor para forzar as portas dos rochos, chegando a esnaquizar nalgún deles as paredes onde estaban ancoradas as portas.

Unha vez tense coñecemento dos ilícitos, procedeuse a iniciar unha investigación, ademais de intensificar as patrullas na zona para poder pescudar a identidade do individuo autor dos feitos.

Tras diferentes pescudas e actuacións por parte dos axentes do equipo EBIO e localizadas algunhas das pertenzas subtraídas nos roubos, lógrase identificar o autor. Este tratábase dun home de 28 anos veciño de Portas, o cal conta con numerosos antecedentes policiais e penais, cumprindo xa algunha pena de prisión.

Terminadas as actuacións policiais, informouselle dos seus dereitos como investigado e presunto autor dos feitos.

As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de 1ª Instancia e Instrución de garda de Caldas de Reis, onde terá que comparecer cando sexa requirido pola Autoridade Xudicial.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS