sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsA terraA Asociación Forestal de Galicia chama a erradicar o vandalismo que afecta...

A Asociación Forestal de Galicia chama a erradicar o vandalismo que afecta ás comunidades de montes

Comunidades de montes veciñais de Pontevedra pedíronlle esta semana á Subdelegación do Goberno unha maior vixilancia do Seprona nas superficies forestais

Os espazos forestais adoitanse usar en Galicia como lugar de esparexemento pola sociedade. Boa parte da cidadanía fai un uso responsable do monte, beneficiándose das áreas de recreo e roteiros acondicionados, pero tamén se manteñen conductas incívicas e actos vandálicos que cómpre erradicar, pois perxudican ao medio ambiente e ás persoas propietarias dos montes.

O abandono de lixo, en especial de elementos que se poderían xestionar a través de puntos limpos, continúa a ser unha práctica cotiá en numerosos espazos forestais da comunidade.

Tamén son habituais os danos contra o patrimonio, así como a circulación incontrolada de vehículos a motor, principalmente, todo terreos, quads e motos, por pistas forestais que son propiedade de montes veciñais en man común.

A reiteración das conductas incívicas levou a comunidades de montes da provincia de Pontevedra a ter esta semana unha reunión co subdelegado do Goberno, Abel Losada, a quen lle entregaron un dossier con explicación e imaxes dos actos vandálicos que están a sufrir os montes.

Na reunión solicitáronlle ao subdelegado unha maior presenza do Seprona nas zonas forestais, de xeito que se exerza unha vixilancia disuasoria.

O subdelegado do Goberno comprometeuse coas comunidades a analizar a situación coa Garda Civil a fin de adoptar as medidas que correspondan.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS