HomeNewsActualidadeA industria olivícola española deberá almacenar o 12% da súa produción desta...

A industria olivícola española deberá almacenar o 12% da súa produción desta tempada

O Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación vén de decretar o almacenamento obrigatorio do 12 % da produción de aceite de oliva debido ao alto nivel de existencias iniciais da campaña unido ás estimacións de produción.

Así se publicou este mesmo venres no Boletín Oficial del Estado (BOE) a orde na que se especifica a obrigatoriedade desta reserva, que comezará a aplicarse sobre a produción deste mes de novembro. Así, esta medida suporá a retirada temporal de 188.000 toneladas.

A mercancía permanecerá exenta do mercado ata o 30 de setembro de 2027. O obxectivo é previr distorsións no mercado e garantir así a súa estabilidade.

Produción estimada

Os datos outorgados polas comunidades autónomas prevén unha produciónde 1.602.596 toneladas de aceite de oliva na campaña 2026/2027, un 23 % máis que na pasada.

Calcúlase que este incremento de produción é debido ás condicións climáticas da pasada primavera nas principais zonas olivícolas, que mantiveron temperaturas suaves e precipitacións abundantes, permitindo unha boa floración. Con todo, a campaña deste ano convértese na cuarta maior do rexistro histórico do país.

Debido á magnitude dos datos, cúmprese os criterios técnicos establecidos na orde de comercialización para activar o protocolo de retirada de produto.

Grupo técnico especializado

Coa finalidade de obter un control sobre a normativa aplicada, creouse un grupo técnico de seguemento no que se aprobará o plan de control, que será coordinado polo Ministerio e executado polas propias comunidades autónomas.

Os operadores afectados deberán proporcionar á autoridade competente, en caso de ser requirida, toda a información e documentación necesaria que acredite o cumprimento da norma e tamén facilitar a realización de controis in situ, no seu caso.

A resolución poderá ser modificada a partir do 31 de decembro de 2026, en función da evolución da produción.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS