sábado, diciembre 7, 2024
InicioNewsActualidadeMáis de 100 empresas galegas formarán parte da marca "España Verde"

Máis de 100 empresas galegas formarán parte da marca «España Verde»

Tamén se anunciou que se intensificará a internacionalización con accións nos principais mercados emisores, Portugal, Alemaña, Italia, Suiza, Francia ou Austria

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, participou hoxe na segunda Comisión de Seguimento neste 2024 da marca turística España Verde, que este ano coordina Galicia. No encontro tamén participaron a viceconselleira de Turismo do Goberno do Principado de Asturias, Lara Martínez; o director xeral de Turismo do Goberno de Cantabria, Gustavo Cubero; o viceconselleiro de Turismo e Comercio do Goberno Vasco, Jakes Agirrezábal e o subdirector xeral de Marketing de Turespaña, Enrique Ruíz de Lera.

Durante o acto, deuse conta da actividade levada a cabo nestes meses nos que se está a avanzar nun do proxectos centrais desta etapa, como é o Corredor de Ecoturismo da España Verde co que se pretende crear a maior ruta ecoturística de Europa co financiamento de fondos Next Generation. Nestes momentos hai un total de 331 empresas turísticas locais ubicadas nos 25 espazos protexidos participantes das catro comunidades autónomas.

Destas empresas, 114 son galegas e están situadas en seis espazos protexidos: Reserva da Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas, Reserva da Biosfera Ribeira Sacra e Serras do Orobio e do Courel, Xeoparque Montañas do Courel, Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá e Reserva da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras do Burón.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS