domingo, octubre 6, 2024
InicioComarcasÁrea de VigoA Xunta destina máis de 3 millóns de euros para as obras...

A Xunta destina máis de 3 millóns de euros para as obras de humanización da fronte portuaria de Vigo

A conselleira María M. Allegue traslada á Autoridade Portuaria de Vigo o compromiso de colaboración da Xunta para seguir avanzando na mellora da fachada marítima da cidade

O Goberno galego destina un investimento de máis de 3 millóns de euros para impulsar un conxunto de obras de humanización de toda a fronte portuaria de Vigo, dende o Areal ata Bouzas.

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María M. Allegue, xunto coa delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, mantivo unha xuntanza co presidente da Autoridade Portuaria, Carlos Botana, e coa directora do Porto de Vigo, Beatriz Colunga.

Esta primeira visita da conselleira ao Porto de Vigo permitiu realizar seguimento das actuacións ao abeiro do convenio entre o Goberno galego e a Autoridade Portuaria, dotado cun orzamento global de máis de cinco millóns de euros, dos que 3,5 millóns son achegados pola Xunta.

Cómpre lembrar que xa se puxo ao servizo dos vigueses unha senda peonil e ciclista entre O Berbés e Portocultura; e están en execución as obras de mellora da mobilidade do segundo tramo do vial de Beiramar.

Segundo o cronograma avaliado na xuntanza, a finais deste ano estará finalizada a intervención de mellora deste segundo treito de 1,5 km que vai desde a Praza da Industria Conserveira ata a igrexa de San Miguel de Bouzas.

Ademais a conselleira María M. Allegue trasladou ao presidente da Autoridade Portuaria de Vigo o compromiso de colaboración da Xunta para continuar avanzando na mellora e humanización da fachada marítima desta cidade.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS