domingo, octubre 6, 2024
InicioNewsO PaísA Xunta inviste máis de 7 millóns de euros nas melloras da...

A Xunta inviste máis de 7 millóns de euros nas melloras da rede de saneamento do núcleo urbano de Lalín

Ángeles Vázquez engade que se instalará un parque infantil na cuberta do tanque co obxectivo de mellorar a integración paisaxística da obra

A Xunta de Galicia avanza na mellora da rede de saneamento de Lalín e das condicións ambientais do río Pontiñas cun tanque de tormentas e novos colectores, que supuxeron un investimento de algo máis de 7 millóns de euros.

Segundo explicou hoxe a conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, durante a visita que realizou ás obras destas actuacións, na que estivo acompañada polo alcalde, Xosé Crespo, o tanque e os colectores permitirán aumentar o almacenamento na rede ante episodios de choiva e incrementarán a capacidade da estación depuradora de augas residuais (EDAR) existente.

Máis polo miúdo, estas obras, que están próximas a finalizar, consistiron na construción dun tanque de tormentas, cun volume de retención de 5.000 m3, e de 1,2 quilómetros de colectores interceptores de poliéster reforzado con fibra de vidro para canalizar os vertidos á nova instalación e o vertido de alivio ao Pontiñas. A maiores, segundo engadiu a conselleira, instalarase un parque infantil na cuberta do tanque co obxectivo de mellorar a integración paisaxística da obra.

Ángeles Vázquez lembrou que esta actuación está recollida como prioritaria no Plan director de saneamento de Lalín, que redactou Augas de Galicia, e enmárcase na aposta da Xunta por apoiar aos concellos nas súas responsabilidades municipais de abastecemento, saneamento e depuración.

A maiores, a conselleira subliñou que, para acadar os resultados establecidos nese Plan director, as obras do tanque de tormentas e dos colectores interceptores irán acompañadas doutras actuacións como o proxecto de construción dunha nova EDAR que poida xestionar o volume de auga residual retido durante os episodios de choiva.

مقالات ذات صلة

OUTRAS NOVAS