sábado, julio 27, 2024
InicioNewsSucesosFalece un pescador na área recreativa de Vilagudín, en Ordes

Falece un pescador na área recreativa de Vilagudín, en Ordes

Saira pescar este martes sobre as 19.00 horas e ao non voltar a casa a súa familia alertouse.

A súa familia foi na súa procura e atoparon o seu vehículo. Pouco despois, viron o seu corpo sen vida no río, a uns 60 metros da beira.

Para o rescato do cadáver foron alertados os Bombeiros de Ordes e a Garda Civil solicitou medios acuáticos. Finalmente, os efectivos do parque comarcal e os axentes de seguridade, puideron sacar o corpo do río cos seus medios.

O 112 Galicia alertara tamén a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aínda que simplemente puideron confirmar o falecemento do pescador.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES