sábado, julio 27, 2024
InicioComarcasCarballiñoPon unha foto na rúa, o domingo 26 no Carballiño

Pon unha foto na rúa, o domingo 26 no Carballiño

O vindeiro domingo 26 de maio os fotógrafos de O Potiños estarán na Praza Maior dende as 10.00 e ata ás 14.30 horas para fotografar a todos os que queiran participar. Manuel Blanco, presidente de O Potiños, explicou que prevén realizar unhas 300 fotografías esa xornada, das cales 100 serán seleccionadas para formar parte dunha exposición, e cada persoa que participe terá unha copia da súa fotografía.
Ademais nesa xornada exporanse fotos de calquera persoa que queira achegar os seus traballos, e como novidade haberá unha demostración do funcionamento dunha máquina fotográfica minutera.
De xeito paralelo, O Potiños vén de convocar, coa colaboración do Concello do Carballiño e o CCA, un concurso fotográfico xuvenil. Está dirixido a rapazada maior de 14 anos dos centros educativos do Carballiño e a temática é libre. As fotografías enviaranse por email á web de O Potiños (potinos.com), con prazo ata o 10 de agosto, e coas 20 mellores realizarase unha exposición. Ademais concederanse cinco premios principais en forma de vales de compra do CCA.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES