HomeNewsActualidadeMos abre ao tráfico os camiños de San Cosme e da Quinta...

Mos abre ao tráfico os camiños de San Cosme e da Quinta tras as obras de mellora

Os camiños de San Cosme e da Quinta, na parroquia de Cela, abrirán hoxe ao tráfico tras as obras de mellora da seguridade viaria aos que se tiñan sometidos.

A actuación contou cun investimento total de 300.000 euros, dos que 240.000 euros son financiados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan +Provincia, mentres que os 60.000 euros restantes proceden de fondos propios municipais. 

O proxecto abrangue o tramo do Camiño de San Cosme comprendido entre Cela e o cruce co Camiño de Pardellas, á entrada do Colexio O Castro Internacional, e tiña como obxectivo mellorar as condicións de circulación e reforzar a seguridade viaria.

Os traballos incluían actuacións como a renovación do pavimento, a mellora da drenaxe, a renovación do alumeado público e a instalación de nova sinalización. Ademais, aproveitouse a execución das obras para conectar á rede de saneamento catro acometidas que estaban pendentes, completando así conexións que aínda non estaban realizadas.

Artigos relacionados

OUTRAS NOVAS