viernes, mayo 17, 2024
InicioNewsActualidadeXornadas formativas sobre enfermidades de transmisión sexual nos centros educativos do Porriño

Xornadas formativas sobre enfermidades de transmisión sexual nos centros educativos do Porriño

240 estudantes de 2º da ESO do Porriño asisten a obradoiros de educación sexual

Hoxe tivo lugar a derradeira xornada de educación enfocadas a enfermidades de transmisión sexual (E.T.S) destinada a estudiantes de 2º da ESO do Porriño. Estas formacións, están impulsadas pola Concellería de Sanidade no marco de Plan de Saúde Local e a OMIX do Porriño, e contan coa colaboración do Centro de Saúde.


O obxectivo xeral é proporcionar información específica, promover actitudes positivas cara á sexualidade e ás condutas sexuais e dotar á mocidade de recursos e habilidades para afrontar situacións de risco e vivir relacións saudables, seguras e satisfactorias.


Estos obradoiros de hora e media de duración foron xa impartidos nos centros CPR Santo Tomás e CPR Hermanos Quiroga o 23 de abril, e no IES Pino Manso o pasado día 26. Hoxe foron os alumnos/as do IES Ribeira do Louro os que recibiron esta formación, chegando así a un total de 240 mozos/as do Porriño.


Lonxe de desaparecer, as Enfermidades de Transmisión Sexual (ETS) continúan aumentando en España, segundo os datos do 2022 recollidos nun informe do Centro Europeo para el Control y Prevención de Enfermedades (ECDC), presentados o pasado 7 de marzo. “Calquera ETS non detectada nin tratada ao seu debido tempo pode complicarse e deixar graves secuelas dependendo do tipo de bacteria ou virus que a provoque, polo que é fundamental informar á nosa mocidade de a que se poden enfrontar chegado o caso”, sinala dona Teresa Veloso, Concelleira de Sanidade do Concello do Porriño.


O doutor Gonzalo Magdaleno, do Centro de Saúde do Porriño, foi o encargado de impartir estes obradoiros de ETS e comparte que “precisamente van dirixidos a mocidade de 13 e 14 anos porque é cando se inician nas relacións sexuais”. Magdaleno fai fincapé no “uso do preservativo como único método seguro de prevención” e salienta que cada día son diagnosticadas máis dun millón de ETS no mundo, segundo os datos da OMS.


Con esta actividade de hoxe dáse por concluída a parte de formación do programa dirixido a centros educativos que impulsa a Concellería de Sanidade. En total máis de mil estudiantes de Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial do Porriño recibiron formación neste curso en materias de hixiene dental, alimentación saudable e
enfermidades de transmisión sexual. Asimesmo, o profesorado dos centros educativos foron formados en primeiros auxilios.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES