martes, abril 30, 2024
InicioNewsActualidadeA Porriño Fashion Weekend transformará O Porriño nunha gran pasarela que rematará...

A Porriño Fashion Weekend transformará O Porriño nunha gran pasarela que rematará coa actuación da Orquesta Panorama

31 comercios locais e 9 salóns de peitado participarán nos eventos que se desenvolverán os días 19, 20 e 21 de abril

As orquestras América e Panorama súmanse ao evento poñendo o fin de festa do sábado e do domingo

Os focos apuntan xa ao Porriño que esta fin de semana se convertirá nunha gran pasarela sobre as que desfilarán as tendencias más vangardistas de moda e beleza. A Porriño Fashion Weekend volverá facer da vila do Louro o epicentro galego da moda da man do seu comercio local e da súa hostalería.


O evento arrancará o venres 19 de abril coa Shopping Night, unha noite de comercio
aberto para ir de tendas e desfrutar do ambiente nas rúas. Os comercios estarán
abertos dende as 21h ata as 24h con dinamizadoras propostas. Pero a celebración
abrangue toda a vila e ademais de sorteos, agasallos e moitas outras actividades
impulsadas polos comerciantes, haberá Dj´s nas rúas e prazas do centro urbano.


O sábado 20 de abril terá lugar a Fashion Night. O exclusivo desfile dará comezo ás
18:30h e transformará a rúa peonil nunha pasarela na que mostrarán as súas
propostas 31 comercios e 9 salóns de peiteado do Porriño. Roupa, calzado, xoiería,
complementos, peiteados, maquillaxe…as últimas tendencias desfilarán aos pés do
Concello da man das/os modelos da Escola de Modelos Small Big Models. A encargada
de dirixir o evento será a xornalista porriñesa, Raquel Atanes.


A música non podía faltar nesta xornada, polo que a Orquestra América encargarase
do Fin de Festa . Será ás 22h na rúa Domingo Bueno.


O Fashion Market poñerá o broche de ouro á fin de semana da moda no Porriño. Será
o domingo 21 de abril, na parcela situada na rúa Progreso, onde de 10h a 22 h se
instalará o mercadiño, con dj´s e inchables para os máis pequenos desde as 12h. Para
rematar por todo o alto, ás 19h arrancará o concerto da Orquestra Panorama.


O alcalde, Alejandro Lorenzo, acompañado polas concelleiras Antía Carrera e Rosa
Isabel Alonso, e polos establecementos participantes, presentaron a programación
convidando a toda a veciñanza do Porriño e da contorna a sumarse a este evento que
“é de todos/as e para todos/as”. Neste sentido o rexedor quixo agradecer “a
implicación e ilusión que puxeron os nosos comerciantes, hostaleiros e asociacións á
hora de organizar e dar forma a este evento. Facemos equipo e iso é garantía de
éxito”.


PARTICIPANTES:
Hostalería
: Celtiña, Liceum, Nómadas, Origen, Saspi e Treinta y tau.
Salóns de peiteado: Alicia Porto Estilista, Bellissima Estilistas, Dill´Arte, Eliseo, Luisa
Luna Estilismo, Merchy Díaz, Sencar, Urban Salon by Jovhen Sport e Aráñame con
estilo.


Tendas: Adicction, Alma, Andriu, Brooklyn, Calzados Parada, Click, Ishop, Joyería
Covelo, Joyería Jose Antonio, Joyería Lorenzo, Liberty shoes, Lolyana, Mapa, Meigallo,
Mia shop, Minerva, Misstic, Monlif, Noa Estévez Diseño y Costura, Orev, Quantum,
Telas y más, Suengas, Textil Adrián, Tic tac, Topitos, Volver, Volvoreta, Zafiro e Zarifa.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES