jueves, mayo 9, 2024
InicioO PaísPontevedraSorprenden a un home cun móbil, cámara e auricular no exame de...

Sorprenden a un home cun móbil, cámara e auricular no exame de recuperación de puntos do carné de conducir

Facilitábanlle as respostas dende o exterior

O Grupo GIAT do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra procederon á identificación dun cidadán de orixe uruguaia, de 56 anos residente en Vigo, ao que lle detectan un teléfono móbil adherido ao seu corpo ao que conectara unha mini cámara e un mini auricular na súa orella, que utiliza para realizar o exame de recuperación de puntos do permiso de condución.
Con tal motivo, procedeuse a confeccionar denuncia administrativa por infracción grave ao Real Decreto Lexislativo 6/2015, de 30 de outubro.
É frecuente que, por parte de compoñentes do GIAT do Subsector de Tráfico, se realicen controis sobre os cidadáns que realizan as probas do exame efectuadas pola Xefatura de Tráfico de Pontevedra, e non é a primeira vez que se emprega este tipo de métodos ou similares, e incluso suplantacións de identidade.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES