jueves, mayo 9, 2024
InicioConcellos +A CañizaA Cañiza inicia unha nova campaña de trampeo contra a velutina

A Cañiza inicia unha nova campaña de trampeo contra a velutina

O Concello vén de adquirir e repartir 70 botes de líquido atraente para eliminar as raíñas

O Alcalde Luis Piña reuniuse na Casa de Cultura con apicultores locais para facer entrega do material. Segundo explicaron nesta xuntanza, cada bote contén 500 ml de produto para disolver en litro e medio de auga e, con estes dous litros de líquido atraente poderanse crear oito trampas de xeito que os 70 botes entregados permitirán colocar na contorna un total de 560 trampas.

Esta iniciativa reúne a máis de 40 apicultores profesionais e non profesionais da Cañiza que suman un censo de máis de 3.000 colmeas.

ARTIGOS RELACIONADOS

+ POPULAR

COMENTARIOS RECENTES